Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da área de Igualdade, Benestar Social e Participación. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Dende o 21/07/2024 ata o 26/07/2024
Ata o 28/05/2024
O Concello da Coruña abre as inscricións para participar nos campamentos deportivos organizados pola Deputación no IES Rosalía Mera, e nos que se levarán a cabo deportes náuticos, actividades ao aire libre, xornada na praia, actividades no centro, visitas culturais, deportivas e etnográficas.
19/05/2024
O centro Ágora acollerá este mes un concerto de Ialma, un grupo formado por catro pandeireteiras e cantareiras fillas e netas de galegas na diáspora que, dende hai máis de vinte anos, cantan e tocan o seu país de orixe en todo o mundo. O espectáculo forma parte do programa Agra no Ágora 2024, un programa financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación Veciñal Agra do Orzán.
19/05/2024
O lendario grupo de folk galego Milladoiro celebra este 2024 o seu 45º aniversario cun concerto especial o vindeiro domingo 19 de maio no Palacio da Ópera da Coruña.
Ata o 30/06/2024
No marco da semana do Día do Libro, o Movemento pola Paz lanza o Concurso Internacional de Contos “A todo cor: Contos para loitar contra o racismo e a xenofobia” para sumarse e achegar iniciativas contra o racismo e a xenofobia.
Ata o 20/05/2024
Proceso selectivo para cubrir, como persoal funcionario de carreira, unha praza de Enxeñeiro/a Industrial (Grupo A, Subgrupo A1), polo sistema de concurso-oposición libre.
Ata o 16/05/2024
Proceso selectivo, por concurso-oposición, para a formación dunha bolsa de emprego para cubrir de forma temporal prazas de administrativo/a.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible